anatopismos

anatopismos

18 enero 2008

ExpoCoruña

Expocoruña abre sus puertas al arte e inaugura su primer proyecto expositivo con la obra del artista Francis Naranjo, interviniendo la fachada principal con RE:MOVE Final Release, un proyecto de arte digital comisariado por Nilo Casares.

Pulse en el logo para acceder a la página web

A pouco máis dun mes da súa primeira feira, EXPOCoruña inaugura o seu primeiro proxecto expositivo – unha obra do artista Francis Naranjo– na súa fachada principal. Trátase dun adianto do que será a esencia do centro, cunha personalidade moi definida, na que tecnoloxía, arte e deseño póñense ao servizo da creatividade en cada un de seus proxectos.
Un claro expoñente desta filosofía é a creación da Feira Internacional de Arte Dixital MOVE, unha experiencia ata o de agora inédita en Europa que se celebrará no mes de novembro e que unirá os elementos distintivos de EXPOCoruña. Unha gran aposta na que verteu toda a súa capacidade creativa e organizativa para poñer en marcha un evento capaz de converterse en referencia desta disciplina artística de vangarda.
Este proxecto feiral, comisariado polo coruñés Nilo Casares, contará con intervencións públicas de arte dixital. A fachada de entrada ao edificio será o primeiro elemento que nos presenta a súa filosofía, converténdose en punto de difusión do innovador proxecto de EXPOCoruña e carta de presentación da súa programación á cidade, a través de propostas artísticas multidisciplinares e contemporáneas. A primeira obra exterior, que acompañará á inauguración do recinto é un proxecto de arte dixital do artista Francis Naranjo co nome de RE:MOVE Final Release, sobre la que intervirán artistas, escritores e poetas de recoñecido prestixio nacional e internacional. Arte e tecnoloxía se fusionan así, desde o inicio, cun gran proxecto expositivo.